sábado, 4 de abril de 2020

SESIÓN 13 CUARENTENA

                            BO DÍA NENOS E NENAS!!!
           CÓMO VOS VAI A VIDA??   



...ben sei que estamos en finde,en vacacións,pero continuamos con ideas para estes días,seguro que tedes un momentiño para botar unha ollada.O bon de esta situación e que temos un pouquiño de tempo para case todo.

  -Hoxe,o primeiro de todo darvos as grazas persoalmente polo ben que fixéchedes o reto que vos propuxen👌👌👌,encantáronme os videos que enviáchedes👍👍😃😃😃😃!!!e para seguir poñervos deberes para que fagades outro reto que vos propón MARIÁN e que vos deixo a continuación 👇👇⇓⇓






   - E hoxe, para @s máis pequen@s,unhas sinxelas ideas para traballar as emocións que seguro que as familias aproveitarán para traballar algo tan importante ⇓⇓👇👇.

XOGOS PARA REGULAR AS EMOCIÓNS



Xogos perfectos para ensinarlles aos nen@s para regular as súas emocións.

1. O robot e o boneco de trapo

  A que nen@ non lle gusta imitar a un robot? Con este xogo poderá botar a voar a súa imaxinación converténdose primeiro nun pequeno robot e, máis tarde, nun boneco de trapo. O xogo consiste en que @s nen@s imiten primeiro os movementos ríxidos dun robot, tensando os músculos e falando de forma mecánica, e que logo relaxen os seus músculos ao máximo para  personificar a un boneco de trapo. Trátase dun xogo excelente para ensinarlles a relaxarse, á vez que lles axuda a controlar mellor as súas emocións.

Muñeco ratita bailarina 36 cm




2. Son un globo

Para axudar @s nen@s a relaxarse, gañar en autocontrol e aprender a regular as súas emocións podes animarlles a que imaxinen que é un globo que se infla e desinfla lentamente. A clave radica en que @s nen@s respiren de xeito suave e profundo para que vaian liberando a enerxía contida mentres poñen en práctica a técnica. Para que o xogo sexa máis divertido, podes  suxerirlles que abran e levanten os brazos con cada inspiración e que os baixen cada vez que expiren o aire.





3. Imitar á tartaruga


O obxectivo deste xogo é ensinarlles a regular as súas emocións, á vez que estimula a concentración e relaxa as tensións. Trátase de que  imaxinen que son unha tartaruga e que se escondan dentro do seu  caparazón, quedándose moi tranquil@s e observando desde dentro todo o que sucede ao seu  redor. Entón, podes pedirlles que estando aí dentro comecen a respirar lentamente como fan as tartarugas, tomando aire polo nariz e logo, soltándoo suavemente pola boca. É un xogo estupendo que poderán utilizar en calquera circunstancia cando se sentan tensos, irritables ou nerviosos.




4. A formiga e o león

Trátase dun xogo moi entretido que seguramente encantaralles e co que poderán aprender a respirar de forma profunda e a gañar en autocontrol. Basta que lles pidades que, primeiro, respiren como faría un león, o gran rei da selva, e logo que respiren coma se fosen unha formiga, un  animaliño diminuto que apenas se percibe no chan. A clave radica en que aprendan a regular a súa respiración, unha habilidade moi útil que poderá poñer en práctica cando se  sintan ansios@s.



5. O lobo e os tres  porquiños

Trátase dunha das historias infantís máis populares, polo que é probable que estean encantad@s de  dramatizar a escena na que o lobo tenta derrubar a casa dos tres  porquiños. Para comezar, podedes pedirlles que sopren sobre obxectos pesados como pode ser un libro fino e ir reducindo paulatinamente o peso, cun balón, un bolígrafo e por último, un obxecto lixeiro como un folio de papel. É un xogo moi divertido que promove un estado de relaxación, á vez que reduce a ansiedade nos pequen@s a través da respiración.



6. A chegada da primavera

Con este xogo non só alcanzarán un estado físico de relaxación senón que tamén aprenderán a xestionar mellor os seus estados afectivos. Para comezar debedes explicarlles en que consiste o xogo. Podedes decirlles: “Estamos ao final do inverno e convertícheste nun bloque de xeo, pero a primavera está ao virar a esquiña e aos poucos , iraste  derretindo para converterte nunha preciosa planta”.Deste xeito, escomezarán a actuar coma se fosen un bloque de xeo, completamente ríxidos, e pouquiño a pouquiño irán relaxando os músculos.
 



   ...espero que lle saquedes proveito!!


   E POR HOXE ISTO E TODO,QUE TEÑADES UN LINDO FINDE!!       ATA A SEGUINTE,ABURIÑOOOOO!!!
contador de visitas
Contador de visitas
diseño logotipos sevilla

No hay comentarios:

Publicar un comentario