Fixéstedes actividade a diario,os estiramentos e a relaxación? XENIAAAL!!!💃💃💃
-ACTIVIDADES:
Hoxe imos comenzar como sempre cos estiramentos e cunha actividade que nos servirá de quecemento para facer os seguintes exercicios activados a tope.
-ESTAMOS XA BEN ESTIRADIÑ@S???
- Pois agora imos a facer unha coreografía para que bailedes na casa, seredes capaces de implicar á vosa familia? anímovos a intentalo...seguro que disfrutades un montón. Como vedes utilizan botellas de plástico, se non tedes podedes empregar paos.
Moiiii ben!!!! Seguro que xa entramos en calor e vamos collendo o truquiño.
- AGORA CHEGA O MOMENTO DA COMPETICIÓN!!! Para iso imos a aproveitar as latas do exercicio do último día e imos a montar un pequeno circuito para competir "con aqueles da casa que se apunten".Podedes aumentar a dificultade vos mismos facendo màis percorridos ou montándo un circuito máis longo ou con algún obstáculo para saltar polo medio:Preparados???
Imaxino que houbo moita rivalidade,pero seguro que o pasáchedes xenial.
-Para rematar a sesión de hoxe imos a facer unha das relaxacións que facemos no cole, así a tedes sempre a man para traballar con ela si a necesitades.
Seguro que recordades ben,pero nunha situación como esta que estamos aprendendo a pasar,seguro que nos virá de maravilla.
Bueno chic@s,por hoxe xa vos quedan unhas ideas.Non esquezades que aparte destas actividades tedes que empregar algo de tempo en xogar todo o que poidades.Deixovos unha pequena guía para facer xogos con globos que os axudarán a sudar tamén un pouquiño na casa:
- Que facer con globos?
- - Golpealo intentando mantelo no aire.
- - Por parellas unha persoa intenta mantelo no aire e a outra intenta que toque o chan.
- - Conducilo soprando por unha liña, por unha mesa...
- Volei - globo: colocamos unha cinta/corda ou similar entre dúas sillas por exemplo e intentamos realizar pases por encima da mesma.
- Bailar cun globo entre os xeonllos.
- Bailar por parellas co globo entre certas partes do corpo (fronte - fronte, espalda - espalda, barriga - barriga...)
- Con dous globos intentar mantelos aos dous no aire, con tres...
- Ao pelo: frota un globo contra a roupa e cando esté ben electrizado colócao no pelo. Marca unha distancia para recorre sin que o globo che caiga do pelo. Proba tamén atando cun pano os xeonllos.
- Fila india: engancha á túa familia e desprazádevos pola casa en fila e cun globo entre cada un, de maneira que non caiga ningún. Intentade facer cambios de ritmo a ver que pasa.
- O Caranguexo: desprázate como un caranguexo cun globo entre os xeonllos, despois entre os nocellos. De que maneira resulta máis complicado?
- Encestando globos: tumbado no chan, unha caixa de maior tamaño que o globo a dous palmos da cabeza aproximadamente e un globos entre os nocellos. Trátase de flexionar o tronco para intentar encestar ese globo coas pernas na caixa.
- Golpeos con diferentes partes do corpo: cabeza, man, pé, xeonllos, cóbado...
- Vamos con ese aplauso: golpear o globo e dar o maior número de palmadas antes de que caiga.
Non esquezades ir botando unha ollada ao blog,xa que todas as actividades podedes repetilas e adaptalas.O importante e que vos sirvan de ideas para realizar moitas outras que iredes descubrindo e que poderemos facer xuntos moi pronto.
Que teñades un bo día,hasta a seguinte sesión nenos e nenas,unha forte aperta a todo@s vosoutr@s e ás vosas familias!!
contador web