viernes, 3 de abril de 2020

SESIÓN 12 CUARENTENA






                            BO DÍA NENOS E NENAS!!!
           CÓMO VOS VAI A VIDA??   


   HOXE ESCOMENZAMOS CO RETO QUE NOS PROPÓN,COMO TODOS ESTES DÍAS,A PROFE MARIÁN dende o INSTAGRAM E O FACEBOOK.E hoxe é algo especial xa que está moi relacionade coas habilidades da EDUCACIÓN FÍSICA ✌✌✌
 














...TOD@S NA CASA A ANIMARSE E A MANDARLLE UN MOGOLLÓN DE VIDEOS DE TODA A FAMILIA👦👧👨👩👪👯👰👴👵👶👌👌.Recordade que cada un de vos podedes facelo có que se vos dea ben(globos,pelotas de foam,bolas xigantes de papel de periódico,rolos de papel hixiénico😂😂🙋😂😂...o que se vos ocurra🙌🙌🙌)...



...seguro que o ides facer o mellor posible e imos botar unhas risas desas que nos animan o día!!!

...pero agora xa nos metemos en faena e imos con eses estiramentos que tan ben nos veñen para poñer o corpo a punto,e como sempre coa miña"🙈😂CANCIÓN VIEJUNA😂🙈"





...LIST@S PARA CONTINUAR??? POIS IMOS ALÓ CUN VIDEO DE JUST DANCE PARA IR POÑENDO O CORPO EN MARCHA!!!






...CÓMO IDES??SEGURO QUE MOI BEN E CON GANAS DE MÁIS...POIS SEGUIMOS CON DOBRE SESIÓN🙌🙌🙌








     ...seguro que hoxe con eso que é venres e o sol luce no ceo,estades a tope para seguir,agora cunha sesión ZUMBA!!!...









...ben,ouuu???...pois e momento de baixar o rítmo e insertamos uns traballiños de...



LATERALIDADE E ORIENTACIÓN ESPACIAL


...orientados para @s mais peques e aínda que para moitos e moitas de vós isto xa está totalmente afianzado,non está de máis volver a velo. Podedes imprimir as fichas e traballalas cos máis cativiñ@s 👌


    
                                            




   Para o traballo da lateralidade xa sabedes que a mellor maneira é executando accións co lado dominante e tamén co non dominante. Xa que habitualmente este adoita ser máis torpe, máis débil...  haberá que exercitalo. Qué podemos facer?
🏀Lanzar bolas de papel a unha papeleira pode servirvos, 1º co brazo dominante e despois co outro, incrementando as distancias, tirando con ambas mans...
🎾Que alguén che lance as bólas e as colles, 1º cunha man e despois coa outra.
⚽En canto a membros inferiores podemos facer un percorrido pola casa conducindo unha desas pelotiñas de papel, ou unha de verdade,primeiro cunha perna e despois coa outra.
   🎈Desprázate saltando á pata coxa, 1º sobre a dereita e despois sobre a esquerda.
   ⚾Da toques a unha pelota co pe dereito e despois co esquerdo ou viceversa.
   🏈Marca unha zona á modo de portería ou diana e lanza a ver con cal tes máis puntería. Con brazos ou con pernas apuntas mellor?

    Para  orientación espacial: que facemos?
   O xogo dos robots: se conseguides que alguén vos acompañe no xogo estaría xenial. Un é o robot e o outro o que lle pulsa aos botóns para o cal deberes establecer unhas consignas Exemplo:


un toque no ombreiro dereito
= torcer á dereita
dous toques na espalda
= camiñar cara atrás
un toque na cabeza
=  stop
toque no ombreiro esquerdo
= torcer á esquerda
dous toques no ombreiro dereito
= torcer á esquerda cara atrás
… o que se vos ocurra será válido
VARIANTE: O robot ao revés. Consiste en executar ordes contrarias ás marcadas, se di cara adiante irá cara atrás, en vez de á dereita…á esquerda…
O robot cego: cos ollos pechados ou tapados cun pano.
Observacións: se ninguén vos acompaña podedes escribir vós previamente un itinerario e levalo á práctica a ver ata onde chegades. Con facer un só, tedes múltiples posibilidades se empezades dende diferentes puntos da casa.
EXEMPLO:
5 pasos para adiante
3 pasos á dereita
 4 cara adiante
 5 á esquerda e
6 atrás...
cheguei a...




...Cómo vos foi,seguro que ben,todo controlado 👌👌👌👍👍👍

   - Pois como aínda tedes forzas imos rematar con outroooo---

 RETO DE SALTOS

- 20 saltos no sitio movendo os brazos como se estiveras saltando á corda.
- 5 saltos sentadilla (salto hacia arriba e baixo coas pernas abertas e flexionadas. O xeonllo non sobrepasa nunca a punta do pe.
- 20 saltos no sitio movendo os brazos como se estiveras saltando á corda cruzándoa por diante. 
- 5 saltos sentadillas.
- 20 saltos abro e cruzo por diante dereita, abro e cruzo por diante esquerda...


En canto tempo o fixeches? Non o sabes? pois colle un reloxo e cronometra. Unha vez feito...serás capaz de conseguilo agora en 3 segundos menos? Inténtao ou se non hai forza déixao para outro día,pero agora... estírate e relaxa cunha nova sesión de Ioga que vainos meter nun lindo conto!!!








   Por hoxe Isto é todo,e ímonos ás vacacións de SEMANA SANTA!!!...
...PERO NON PENSEDES QUE IMOS DESCANSAR,XA QUE TEREMOS QUE IR REPASANDO TODOS ESTES DÍAS DE SESIÓNS E IR FACENDO OS EXERCICIOS QUE MÁIS NOS GUSTARON,OU OS QUE PEOR NOS SALIRON👋👋👋👋👋

...E ADEMÁIS NON VOS IDES A LIBRAR TAN FACILMENTE DE NOS🙋,XA QUE INTENTAREMOS FACERVOS CHEGAR MOITAS SORPRESAS,XA QUE COMO ESTAS VACACIÓNS SON DISTINTAS,TAMÉN O SERÁN AS PROPOSTAS QUE VOS IREMOS FACENDO CHEGAR!!!

          ATA A SEGUINTE,ABURIÑOOOOO!!!



contador de visitas
Contador de visitas
diseño logotipos sevilla