domingo, 22 de marzo de 2020

EDUCACIÓN FÍSICA CUARENTENA.SESIÓN 1.

QUEDAMOS NA CASA PERO...MOVÉMONOS!!!

   Bo día a todos e todas:

   Estamos ante algo novo,algo que nunca pensamos que íamos a ter que facer pero tranquil@s, isto é algo temporal e como podedes con todo estou seguro de que o superaredes con gran éxito e con moitas  anécdotas que contar cando nos vexamos.

   Na casa é moi difícil cumplir co tempo de actividade física que se recomenda pero xa que será o único sitio no que poderemos estar,vou deixarvos algunha idea para que poidades facer algo e non limitarnos só a vida sedentaria frente a libros ou pantallas, de acordo?

   Seguir o ritmo das clases vai ser complicado, así que buscaremos posibilidades e cadaquén elixe as que máis lle apetezca e o momento máis oportuno. Non vos deixedes levar polos días que tiñamos EF, noooo, isto é recomendable para tódolos días. Sacade ratiños de donde queirades pero por favor....MOVÉDEVOS!!!

   Para calquera dúbida, estou á vosa disposición nesta dirección de correo electrónico: veleiranhos@gmail.com.

ACTIVIDADES 

   - En primeiro lugar, despois de levantarse sabedes que senta estupendamente estirarse....pois ademáis de facer a rutina de estiramentos que facemos habitualmente deixovos unhas rutinas que ademais de axudarvos a gañar flexibilidade seguro que fan que empecedes o día a tope.


- Para empezar aquí tedes unha tabla de estiramentos que complementa os que facemos na clase:

   - Agora é momento dun video para facer a rutina máis amena e interactiva:

                   


   -Seguro que  este vídeo o recibiu moita xente por whatssap pero da igual, deixoo aquí para todos, para facer exercicio e botar unhas risas, xa sabedes acompañados sempre é mellor, asíque anímovos a facelo en familia.Por certo,aquí teén latas de cervexa,pero podedes facelo con calquera lata ou peza que teñades na casiña.
   Podedes facer cambios nos circuitos e incluso carreiras cronometradas entre vos e a familia.

   




   
  • Outro actividade que podedes facer son bolas de malabares. Para iso necesitades dous globos, arroz e un embudo.  Cómo facelo?
  Hinchamos un pouquiño un globo e introducimos a parte máis estreita do embudo pola cal verteremos un pouco de arroz (non moito para que sexan fáciles de manexar) Cortamos a parte máis estreita do outro globo e coa restante cubrimos a bola que acabamos de facer empezando pola zona do nudo.
O ideal sería facer 3, así á volta, levámolas ao cole😂. 

Se non tedes globos na casa non pasa nada,podedes facelo con pelotas de tenis ou incluso con uns calcetíns vellos.De todos xeitos sería interesante que cando tiveran que facer unha visita ao super os merquen porque son moitos os xogos que se poden facer con eles xa que non hai perigo dentro dunha casa.

  Ata aquí a sesión de hoxe,pero non esquenzades MOVÉDEVOS TODO O QUE PODADES!!!





contador web