jueves, 18 de junio de 2020

SESIÓN 44.NOVA NORMALIDADE.




                            BO DÍA NENOS E NENAS!!!
           CÓMO VOS VAI A VIDA?   


    Espero que tod@s ben e supercontent@s coa chegada das vacacións.Estamos chegando ao final desta etapa que nos tocou pasar e da que seguro,sacaremos moitas leccións das máis importantes:as que nos da a vida.

  Foron uns meses duros ao principio,de incertidume,pero pouco a pouco foi pasando o tempo e con el foron cambiando as sensacións.Tivemos altibaixos,bos e malos intres,pero agora toca afrontar o tempo con novas costumes,novos retos e renovadas ilusións.

  Espero que este recunchiño fose un lugar que vos aportase ánimo,diversión e sobre todo ilusión pola importancia do deporte e a actividade física.

  Para min foi unha tarefa nova da que non tiña coñocemento de como ía resultar,pero co paso do tempo tamén axudoume a seguir en contacto con vos e a compartir moi boas experiencias e moi bos momentos.

   Gustaríame darvos as grazas pola vosa colaboración,a vosa paciencia e o voso interés,así como polo cariño que me fixéchedes chegar.De todo corazón,GRAZAS😍 

...pero non vos entreteño máis e imos coa miña CANCIÓN VIEJUNA que xa me tarda estirar😉




  ...ben sei que xa a escoitamos,pero penso que é o intre indicado para volver a escoitar aos Bee Gees decíndonos que hay que seguir con moito ánimo,ilusión e alegría.

  - E agora imos cos vosos traballos,os videos e fotos que me enviachedes.Nesta ocasión temos a Hugo nunha moi boa e dura etapa na súa bike polos Lagos de Teixeiro ,a Zaida co seu reto dos dedos,a Silvia estirando xunto co seu irmán Xavi e a Samuel e Adrián nun competido partido de tenis.🙆🙌



   E agora chegou o tempo dun video que me gustaría moito compartir con vos,ainda que gustaríame máis telo feito na clase,dandos unha forte aperta que non me queda outra que facela virtual,unha grande aperta para cada un e unha de vos,para as vosas familias e para todos cantos pasachedes polo Veleiro no tempo no que eu estiven con vos.




   E ISTO É TODO,VÉMONOS 🙌🙌🙋

    QUÉ TEÑADES UN BÓ VERÁN!!! 




                            ABURIÑOOOO!!!🙋
                                                         
Unha vez máis...
                                                              😍GRAZAS😍
                               

lunes, 8 de junio de 2020

SESIÓN 43 FASE 3.





                            BO DÍA NENOS E NENAS!!!
           CÓMO VOS VAI A VIDA?   


   Despois de estar uns días sen aumentar as nosas sesións,hoxe estamos de volta 🙆🙆!!!

  Cómo xa vos comentei nas derradeiras sesións,estes días xa imos relaxando o número tanto de actividades como de seións,xa que temos moitas horas para facer deporte no exterior e recuperar todas aquelas horas nas que non tíñamos máis opcións que facer exercicio nas casas(aínda que moit@s de vos tívechedes a sorte de ter terreos fora e nese sentido foi menos duro que para outros que tíñamos o espazo moito máis reducido).Sen darvos moito máis o rollo,imos aló cunha nova sesión na que,como non podería ser doutro xeito,metémonos de cheo na nosa sección..."CANCIÓN VIEJUNA" para realizar os nosos estiramentos😎😎

...hoxe repetindo grupo con Tom Petty & The Heartbreakers e o seu tema "Learning To Fly",moi axeitado para estes días🙌🙌

   - E continuamos cunha sesión de movilidade que vainos levar sen moita pausa a ter o corpo listo para darlle vidiña😅😅

 - Cómo estades??? list@s??? Imos aló que isto vai ser intenso,así que auga a man e 3,2,1...🙌🙌



  - Continuamos agora con dúas coreografías de Just Cance na que vos ides divertir seguro🙆🙆

 A primeira cos Cazafantasmas😵😵!!


A segunda con Cyndi Lauper🙆🙆



...qué tal foi??? seguro que divertidas🙆🙆😎!!

 E imos co tempo de relaxación,hoxe cunha das sesións que tantas veces fixemos no ximnasio  do Veleiro e que transportounos a TRANQUILANDIA🙆😍!!


  - E gora toca o voso tempo.Os vídeos que me enviades coas vosas actividades tanto deportivas como cotidianas.Hoxe veremos a Noemí facendo actividades acompañada pola súa prima Viki,a Aitor demostrándonos as suas habilidades na bike,a Tania entrenando na súa casa de Dumpín,a Victor xogando a baloncesto co seu pai e saltando na cama elástica e a Zaida patinando e entrenando co seu papá.Moitas grazas a tod@s pola vosa participación,así como polas mostras de cariño que me transmitides nos correos que recibo.😍GRAZAS😍




   E ISTO É TODO POR HOXE,VÉMONOS NA SEGUINTE SESIÓN🙌🙌🙋

    QUÉ TEÑADES UN BÓ DÍA!!! 




                            ABURIÑOOOO!!!🙋