BO DÍA NENOS E NENAS!!!
CÓMO VOS VAI A VIDA??
Aquí estamos de novo, comezando unha semaniña máis.
Hoxe,en primeiro lugar deixaremos algo para imprimir :
Atopamos nunha páxina moi interesante de EF o XOGO DA OCA e adaptamos un pouco as probas. Podedes imprimilo, colledes unhas fichas e un dado que seguro tedes pola casa e...a xogar!!!
Ainda que esta vaia a ser a parte máis activa da sesión,non olvidedes que primeiro de nada iremos a facer eses estiramentos que facemos sempre na clase e que xa coñecedes de sobra para ir poñendo o corpo a tono.E como sempre algo de "música viejuna" para acompañalos.😉😉
ESTÁMOS XA LIST@S???
POIS IMOS ALÓ CUNS DE VIDEOS DA PROFE YAIZA. Dádelle duro que hoxe a clase vai ser moi movidiña!!!
E para ir rematando a clase de hoxe imos facer unha paradiña para rebaixar tensións tratando de imitar figuras de animáis cunha sesión de ioga que desexo que vos guste moito😍😍
Isto foi todo por hoxe nenos e nenas!!!
VÉMONOS NA SEGUINTE SESIÓN DO NOSO BLOGUE DE EDUCACIÓN FÍSICA "VELEIRAÑOS"
QUE TEÑADES UN BÓ DÍA!!!👋👋👋
contador de visitas blogger