miércoles, 25 de marzo de 2020

SESIÓN 4 CUARENTENA.

         

                BO DÍA NENOS E NENAS!!!
                CÓMO VOS VAI A VIDA???

   A min vaime ben,animado neste cuarto día de actividades que vos vou propoñe👌.
Eu xa fixen os estiramentos,un pouco de bike no rulo e rematei cunha sesión de relaxación😉

   Que tal o levades? Xa imos polo 4º día!!! Cando nos demos conta estaremos de novo no cole.
Estou seguro de que estades sacando algún ratiño para movervos!!! Hoxe preparamos algunhas  novas propostas para vós!!!


  - O primeiro,como sempre os estiramentos!!! e para completar imos a facer unha tabla de calentamiento dinámico que seguro que vos vai a ir entonando para o seguinte.Ide despaciño e fixádevos ben nas posiciones.Seguro que podedes!!!





         
       Qué tal vos resultou?? seguro que estivéchedes concentrados e moi atentos👍

   - Agora chega o momento de darlle algo de vidiña á sesión,e para iso imos a facer unha pequena coreografía a dúo que seguro que vos encanta.A min non me salíu nin a terceira,pero.....🙈🙈😂😂 Preparad@s???


                                    
    Qué tal vos resultou???

    -  Como xa estades "on fire" seguro que podemos facer o seguinte exercicio.Xa sabedes,cada un ao seu ritmo e non mancarse😂😂😂😂😂 

                                            


                                                               Reto de saltos:

     Este reto está pensado para @s máis pequen@s da casa,pero @s maiores debedes de repetilo 2, 4 ou 6 veces en función de si estades en:

                        - 1º e 2º ----- Dúas veces.

                        -  3º e 4º----- Tres veces.

                        -  5º e 6º----- Catro veces.



- 5 saltos a pés xuntos
- 5 saltos abrindo e pechando pernas
- 5 veces salto adiante e salto atrás


- 5 saltos á pata coxa sobre perna dereita
- 5 saltos á pata coxa sobre perna esquerda.

       
    Qué tal vos foi nenos e nenas??  Ánimo,seguimos adiante pero agora un pouco máis calmadiñ@s.

  
   -  Buscade algún xornal vello ou revista ou papeis que non che sirvan para nada. 
Antes de tiralos, dálle unha segunda vida. Fai unha bola ben apretada con eles, busca
 unha papeleira, cubo de praia ou similar e ENCESTA. Empeza desde unha distancia 
curta e vai aumentando a ver ata onde chegas, non pases de nivel sen haber encestado
 polo menos 3 desde a anterior. 

     





                                                               VEÑA,A PRACTICAR!!


    Seguro que fixechedes tod@s unha boas marcas💪💪,e seguro que podedes retar máis tarde aos pais e irmáns a unha competición 😉😉😉😉.



    -  Bueno chic@s ,chegou o intre de baixar as pulsacións,e para iso imos a facer unha pequena sesión de relaxación que iredes gardando para cando teñades gañas de un pouco de tranquilidade.Seguro que vos sona😉😉😉.




     Espero que estiverades agusto e teñades un ratiño entretido.Deixovos a miña recomendación musical viejuna😜😜CHAO,CHAOOOO👋👋👋👋




contador web

No hay comentarios:

Publicar un comentario