martes, 31 de marzo de 2020

SESIÓN 9 CUARENTENA.




                            BO DÍA NENOS E NENAS!!!
           CÓMO VOS VAI A VIDA??   


  Espero que sigades con moito ánimo,e por iso imos a comenzar outra sesión deportiva para preparar un día cheos de enerxía.💪💪



   Como sempre,imos cos estiramentos como parte fundamental do quecemento,e para iso deixovos un dos "temas viejunos"para que vos faga algo de ruido de fondo😄😄






  

    Seguimos con un exercicio de quecemento que nos permita un ritmo máis intenso na seguinte actividade,ÁNIMOOOO!!






   - Estamos xa listos para aumentar o ritmo,pois imos aló cun dos nosos desafíos de saltos e xiros.Cada un de vos tedes que adaptar os exercicios co material que teñades a man.Seguro que o conseguides facilmente👌👌






  Conseguíchedes realizar moitos???.Algún/a de vos seguro que acabou algo maread@😃😃

 - Imos a continuar con un exercicio de habilidad con pelota que seguro que vai encantar a tod@s @s futboleir@s,que eu ben sei que sodes moit@s !!!







   Espero que nos esquencerades facer tamén o resto dos exercicios que se propoñen no video 😉😉😉😉


   - E para rematar a sesión de hoxe, imos cunha actividade musical que seguro,vaille encantar á profe Marián👯








   Pensabades que esto era todoooo😵😵😵??? ,pois non,xa vos esquencíades da relaxación.Imos a por ela e agora si que rematamos a sesión de hoxe.





    ESPERO QUE TIVERADES UNHA SESIÓN DIVERTIDA CHIC@S,PERO NON ESQUENZADES QUE A ACTIVIDADE TEN QUE SEGUIR AO LONGO DO DÍA CON TÓDALAS ACTIVIDADES QUE SE VOS OCURRAN OU QUE VOS GUSTASEN DAS QUE LEVAMOS FEITAS.
   E NON OLVIDEDES TRABALLAR MOITO NAS TAREFAS QUE VOS MARCAN OS PROFES,QUE ESTES DÍAS  XA SABEDES: #NOSQUEDAMOSNACASA


  QUE TEÑADES UN BÓ DÍA,CHAO,CHAOOO👋👋 




contador web

lunes, 30 de marzo de 2020

SESIÓN 8 CUARENTENA

                                                                     






                            BO DÍA NENOS E NENAS!!!
           CÓMO VOS VAI A VIDA??                     
          Aquí estamos de novo, comezando unha semaniña máis.
 Hoxe,en primeiro lugar deixaremos algo para imprimir :
Atopamos nunha páxina moi interesante de EF o XOGO DA OCA e adaptamos un pouco as probas. Podedes imprimilo, colledes unhas fichas e un dado que seguro tedes pola casa e...a xogar!!!






    Ainda que esta vaia a ser a parte máis activa da sesión,non olvidedes que primeiro de nada iremos a facer eses estiramentos que facemos sempre na clase e que xa coñecedes de sobra para ir poñendo o corpo a tono.E como sempre algo de "música viejuna" para acompañalos.😉😉









   ESTÁMOS XA LIST@S???
                                             POIS IMOS ALÓ CUNS DE VIDEOS DA PROFE YAIZA. Dádelle duro que hoxe a clase vai ser moi movidiña!!!







                                          
                          

       E para ir rematando a clase de hoxe imos facer unha paradiña para rebaixar tensións tratando de imitar figuras de animáis cunha sesión de ioga que desexo que vos guste moito😍😍



    Isto foi todo por hoxe nenos e nenas!!!

    VÉMONOS NA SEGUINTE SESIÓN DO NOSO BLOGUE DE EDUCACIÓN FÍSICA "VELEIRAÑOS"


   QUE TEÑADES UN BÓ DÍA!!!👋👋👋

contador de visitas blogger

domingo, 29 de marzo de 2020

SESIÓN 7 CUARENTENA.




             BO DÍA NENOS E NENAS!!!
            CÓMO VOS VAI A VIDA??



AÍNDA QUE HOXE É DOMINGO,APROVEITO PARA RECORDARVOS QUE AÍNDA ESTADES A TEMPO DE PREPARAR O RETO QUE VOS PROPUXERA MARIÁN PARA ESTE FIN DE SEMANA...

"CIRCUÍTOS"





...E COMO SORPRESA PARA HOXE TAMÉN ESTE VIDEO QUE VOS PROPÓN A PROFE YAIZA PARA QUE NON DEIXEDES DE FACER ALGO DE EXERCICO NO FIN DE SEMANA.






                 VÉMONOS NA SEGUINTE 👋👋!!! 
          QUE TEÑADES UN BÓ DÍA!!!


contador web

sábado, 28 de marzo de 2020

SESIÓN 6 CUARENTENA.





                 BO DÍA NENOS E NENAS!!!
                CÓMO VOS VAI A VIDA???


           HOXE IMOS TER UNHA SESIÓN ESPECIAL CO RETO QUE VOS MANDA MARIÁN PARA QUE O FINDE TAMÉN FAGADES  UN  SITIÑO PARA FACER DEPORTE.

    - O primeiro,e como tódolos días,tempo para estiramentos desta volta acompañad@s por...



        ...Israel "IZ" Kamakawiwoʻole,un cantante hawaiano que foi moi querido na súa terra cunha bonita versión de una conocida canción,"Over the Rainbow",famosa por estar incluida na banda sonora de " El mago de Oz",peícula que vos recomendo ver a tod@s en familia.

  -Seguimos adiante e como seguro que estades preparad@s,imos con dúas sesións de exercicios:

        O primerio é está composto por unha serie de exercicios ximnásticos.Se 

se vos fixera algo longa podedes ir parando e beber un pouquiño de auga para 

recuperar(NON OLVIDEDES NUNCA O IMPORTANTE QUE É TOMAR CADA 15 MINUTIÑOS UN GROLIÑO DE AUGA)

   

            O segundo está pensado para @s mais maiores,pero iso non quita para que tod@s animedesvos a facer as partes que vos gusten xa que é un pouco longo😌😌                                           



                        

   Bueno chic@s,estamos chegando ao fina,e antes de propoñervos o 
reto de Marián,imos poñer dous enlaces para facer a relaxación,que xa 
sabedes que podedes prácticar no só ao finalizar a sesión,senón en 
calquera hora do día que necesitedes un pouquiño de calma e 
tranquilidade.

    A primeira é unha música chea de sons na natureza na que podedes 
concertrarvos en identificar que sons ides escoitando.





     Nesta outra xa temos unha relaxación na que teremos que seguir as 
pautas que nos van dando...






        
      -  E AGORA CHEGOU O MOMENTO DO RETO DE MARIÁN QUE ESPERO QUE TOD@S INTENTEDES FACER DURANTE O FINDE.SERÍA XENIAL QUE FIXERADES FOTOS E ALGÚN VIDEO CURTIÑO QUE ME PODEDES MANDAR AO CORREO DO BLOG( veleiranhos@gmail.com)E ASÍ PODER PUBLICARLO E QUE PODAN VELOS @S VOS@S COMPAÑEIROS/AS.






   E ata aquí a sesión de hoxe💃👌👌.Espero que teñades unha boa fin de semana e que disfrutedes moito das cousas que podemos realizar #sinsalirdecasa.

        ABURIÑO👋👋

contador web

jueves, 26 de marzo de 2020

SESIÓN 5 CUARENTENA.




                 BO DÍA NENOS E NENAS!!!
                CÓMO VOS VAI A VIDA???


     Seguro que estades facendo todo o posible e algo máis por levar estes días o mellor posible e axudando moito aos que vos rodean para que eles tamén se sintan agusto dentro do confinamento que temos que facer.                 ANIMO CHIC@S,ENTRE TOD@S PODEMOS FACELO!!!


    - Hoxe imos a empezar como sempre cos estiramentos e xa vos anticipo que esta vai a ser unha sesión distinta.A POR ELAAAA!!!

     Para que estedes acompañados para facer os estiramentos deixovos a miña " canción viejuna" que seguro que despertará algo a vosa curiosidade(aínda que ben sei que igual non é do voso estilo🙈🙈😂😂)
   


-  Mooooiii beeeen!!! como seguro que xa estades preparad@s imos con un sinxelo exercicio que vainos facer entrar pouco a pouco en calor.Está indicado para todas as idades,pero seguro que aos máis peques vaivos encantrar.





    Perfecto!!!!

  - Agora imos a darlle algo máis ritmo para que todos vaiamos collendo tono. IMOS ALOOÓ!!!





   E SEGUIMOS!!!





   ESTOU SEGURO QUE QUE HOXE ESTADES DE NORABOA TOD@S OS ZUMBONES E ZUMBONAS DO COLE( QUE EU BEN SEI QUE SODES MOIT@S💃💃💃💃💃💃✌).E COMO SEGURO QUE XA ESTADES COMO MOITA FORZA ANIMÁDEVOS E ARGALLADE POLA REDE PARA FACER UN PAR DE BAILES MÁIS QUE SEGURO QUE VOS FARÁN SUDAR MOITO💃💃💪💪💃💃



    - Chegou o momento de ir rebaixando un pouco a intensidade,así que imos a facer un pouco de IOGA para volver o corpo á normalidade.Hoxe tedes que estar centrad@s, xa que iremos aumentando a dificultade para facernos tod@s uns IOGUIS expert@s.   Tod@s list@s??





    Que vos parceu,disfrutáchedelo??? PERFECTO!!!!


 - Para rematar a sesión de hoxe vouvos deixar unhas ideas para facer con rolos de papel hixiénico,si,de iso tan valioso que almacenou a xente na casa como si fora ouro jajajaja😂😂😂.Deica a proxima sesión chic@s👋👋e non esquezades que podedes poñervos en contacto con nos para enviarnos as vosas ideas,fotografías ou videos no correo veleirahos@gmail.com ou ben a través do instagtram de biblioveleiro. DEICA A PRÓXIMA,CHAO CHAO!!!












contador web

miércoles, 25 de marzo de 2020

SESIÓN 4 CUARENTENA.

         

                BO DÍA NENOS E NENAS!!!
                CÓMO VOS VAI A VIDA???

   A min vaime ben,animado neste cuarto día de actividades que vos vou propoñe👌.
Eu xa fixen os estiramentos,un pouco de bike no rulo e rematei cunha sesión de relaxación😉

   Que tal o levades? Xa imos polo 4º día!!! Cando nos demos conta estaremos de novo no cole.
Estou seguro de que estades sacando algún ratiño para movervos!!! Hoxe preparamos algunhas  novas propostas para vós!!!


  - O primeiro,como sempre os estiramentos!!! e para completar imos a facer unha tabla de calentamiento dinámico que seguro que vos vai a ir entonando para o seguinte.Ide despaciño e fixádevos ben nas posiciones.Seguro que podedes!!!





         
       Qué tal vos resultou?? seguro que estivéchedes concentrados e moi atentos👍

   - Agora chega o momento de darlle algo de vidiña á sesión,e para iso imos a facer unha pequena coreografía a dúo que seguro que vos encanta.A min non me salíu nin a terceira,pero.....🙈🙈😂😂 Preparad@s???


                                    
    Qué tal vos resultou???

    -  Como xa estades "on fire" seguro que podemos facer o seguinte exercicio.Xa sabedes,cada un ao seu ritmo e non mancarse😂😂😂😂😂 

                                            


                                                               Reto de saltos:

     Este reto está pensado para @s máis pequen@s da casa,pero @s maiores debedes de repetilo 2, 4 ou 6 veces en función de si estades en:

                        - 1º e 2º ----- Dúas veces.

                        -  3º e 4º----- Tres veces.

                        -  5º e 6º----- Catro veces.



- 5 saltos a pés xuntos
- 5 saltos abrindo e pechando pernas
- 5 veces salto adiante e salto atrás


- 5 saltos á pata coxa sobre perna dereita
- 5 saltos á pata coxa sobre perna esquerda.

       
    Qué tal vos foi nenos e nenas??  Ánimo,seguimos adiante pero agora un pouco máis calmadiñ@s.

  
   -  Buscade algún xornal vello ou revista ou papeis que non che sirvan para nada. 
Antes de tiralos, dálle unha segunda vida. Fai unha bola ben apretada con eles, busca
 unha papeleira, cubo de praia ou similar e ENCESTA. Empeza desde unha distancia 
curta e vai aumentando a ver ata onde chegas, non pases de nivel sen haber encestado
 polo menos 3 desde a anterior. 

     





                                                               VEÑA,A PRACTICAR!!


    Seguro que fixechedes tod@s unha boas marcas💪💪,e seguro que podedes retar máis tarde aos pais e irmáns a unha competición 😉😉😉😉.



    -  Bueno chic@s ,chegou o intre de baixar as pulsacións,e para iso imos a facer unha pequena sesión de relaxación que iredes gardando para cando teñades gañas de un pouco de tranquilidade.Seguro que vos sona😉😉😉.




     Espero que estiverades agusto e teñades un ratiño entretido.Deixovos a miña recomendación musical viejuna😜😜CHAO,CHAOOOO👋👋👋👋




contador web

martes, 24 de marzo de 2020

SESIÓN 3 CUARENTENA


BO DÍA DE NOVO NENOS E NENAS!!CÓMO VOS VAI A VIDA???


 FIXÉSTEDES OS ESTIRAMENTOS E A RELAXACIÓN?? SEGURO QUE SÍ😜


   -Hoxe,como tódolos días,comenzaremos facendo os estiramentos e para iso vouvos deixar unha banda sonora que seguro que vos acompañará para estar máis entretenid@s:






      -Vaaaleeee,moi ben!!! xa sabedes que o meu gusto musical e un pouco antigo,pero seguro que así podo compartir a miña música favorita con vosoutr@s🙋!!!!

   Bueno,imaxino que xa estades listos para empezar algo máis movido e divertido!!!

  -Imos agora cunha rutina que seguro que vos vai encantar:




   todo ben?? pois logo seguimos agora cun batiburrillo de xogos dos que seguro que podedes sacar algún adaptado á vosa casa.




   Seguro que atopástedes varios xogos para realizar e divertíchedesvos!!!

    Por certo,se vos apetece podedes mandarme algunha foto o video do que fíxéstedes ao meu correo veleiranhos@gmail.com.


    - O seguinte que imos a facer é unha actividade de IOGA que nos virá moi ben para ir relaxando un pouco a actividade.




  


 - Agora chegou o momento para que fagades un pouco de investigación deportiva.Gustaríame que vos convertírades nuns detectives do deporte e buscáredes información sobre o seguinte deportista(seguro que aos máis pequen@s axúdanvos os maiores da casa 😜).Só vouvos dar unha imaxe e o demáis o resolvedes ao voso xeito.Si queredes mandarme algún traballo xa sabedes veleiranhos@gmail.com.



  Por hoxe rematamos,pero xa sabedes,facede exercicio e xogade en distintos momentos do día.Aquí teredes ideas para ir combinando e adaptando en función das cousas que teñades na casa.

QUE TEÑADES UN BO DÍA NENOS E NENAS!!!!



contador web

lunes, 23 de marzo de 2020

SESIÓN 2 CUARENTENA

Bo días chichos e chicas!!! Cómo vos vái a vida?😜


   Fixéstedes actividade a diario,os estiramentos e a relaxación? XENIAAAL!!!💃💃💃


   -ACTIVIDADES:


   Hoxe imos comenzar como sempre cos estiramentos e cunha actividade que nos servirá de quecemento para facer os seguintes exercicios activados a tope.



       Salud y Fuerza: Ejercicios de Calentamiento

      -ESTAMOS XA BEN ESTIRADIÑ@S???

  - Pois agora imos a facer unha coreografía para que bailedes na casa, seredes capaces de implicar á vosa familia? anímovos a intentalo...seguro que disfrutades un montón. Como vedes utilizan botellas de plástico, se non tedes  podedes empregar paos. 




   Moiiii ben!!!! Seguro que xa entramos en calor e vamos collendo o truquiño.

   - AGORA CHEGA O MOMENTO DA COMPETICIÓN!!! Para iso imos a aproveitar as latas do exercicio do último día e imos a montar un pequeno circuito para competir "con aqueles da casa que se apunten".Podedes aumentar a dificultade vos mismos facendo màis percorridos ou montándo un  circuito máis longo ou con algún obstáculo para saltar polo medio:Preparados???



                         
    Imaxino que houbo moita rivalidade,pero seguro que o pasáchedes xenial.

  -Para rematar a sesión de hoxe imos a facer unha das relaxacións que facemos no cole, así a tedes sempre a man para traballar con ela si a necesitades.





                                       
   
    Seguro que recordades ben,pero nunha situación como esta que estamos aprendendo a pasar,seguro que nos virá de maravilla.


    Bueno chic@s,por hoxe xa vos quedan unhas ideas.Non esquezades  que aparte destas actividades tedes que empregar algo de tempo en xogar todo o que poidades.Deixovos unha pequena guía para facer xogos con globos que os axudarán a sudar tamén un pouquiño na casa:



  • Que facer con globos?
  • -  Golpealo intentando mantelo no aire.
  • - Por parellas unha persoa intenta mantelo no aire e a outra intenta que toque o chan.
  •  - Conducilo soprando por unha liña, por unha mesa...
  • Volei - globo: colocamos unha cinta/corda ou similar entre dúas sillas por exemplo e intentamos realizar pases por encima da mesma.
  • Bailar cun globo entre os xeonllos.
  • Bailar por parellas co globo entre certas partes do corpo (fronte - fronte, espalda - espalda, barriga - barriga...)
  • Con dous globos intentar mantelos aos dous no aire, con tres...  
  • Ao pelo: frota un globo contra a roupa e cando esté ben electrizado colócao no pelo. Marca unha distancia para recorre sin que o globo che caiga do pelo. Proba tamén atando cun pano os xeonllos.
  •  Fila india: engancha á túa familia e desprazádevos pola casa en fila e cun globo entre cada un, de maneira que non caiga ningún. Intentade facer cambios de ritmo a ver que pasa.
  • O Caranguexo: desprázate como un caranguexo cun globo entre os xeonllos, despois entre os nocellos. De que maneira resulta máis complicado?
  • Encestando globos: tumbado no chan, unha caixa de maior tamaño que o globo a dous palmos da cabeza aproximadamente e un globos entre os nocellos. Trátase de flexionar o tronco para intentar encestar ese globo coas pernas na caixa. 
  • Golpeos con diferentes partes do corpo: cabeza, man, pé, xeonllos, cóbado... 
  • Vamos con ese aplauso: golpear o globo e dar o maior número de palmadas antes de que caiga.  



   Non esquezades ir botando unha ollada ao blog,xa que todas as actividades podedes repetilas e adaptalas.O importante e que vos sirvan de ideas para realizar moitas outras que iredes descubrindo e que poderemos facer xuntos moi pronto.

       
     Que teñades un bo día,hasta a seguinte sesión nenos e nenas,unha forte aperta a todo@s vosoutr@s e ás vosas familias!!

contador web