lunes, 8 de junio de 2020

SESIÓN 43 FASE 3.





                            BO DÍA NENOS E NENAS!!!
           CÓMO VOS VAI A VIDA?   


   Despois de estar uns días sen aumentar as nosas sesións,hoxe estamos de volta 🙆🙆!!!

  Cómo xa vos comentei nas derradeiras sesións,estes días xa imos relaxando o número tanto de actividades como de seións,xa que temos moitas horas para facer deporte no exterior e recuperar todas aquelas horas nas que non tíñamos máis opcións que facer exercicio nas casas(aínda que moit@s de vos tívechedes a sorte de ter terreos fora e nese sentido foi menos duro que para outros que tíñamos o espazo moito máis reducido).Sen darvos moito máis o rollo,imos aló cunha nova sesión na que,como non podería ser doutro xeito,metémonos de cheo na nosa sección..."CANCIÓN VIEJUNA" para realizar os nosos estiramentos😎😎

...hoxe repetindo grupo con Tom Petty & The Heartbreakers e o seu tema "Learning To Fly",moi axeitado para estes días🙌🙌

   - E continuamos cunha sesión de movilidade que vainos levar sen moita pausa a ter o corpo listo para darlle vidiña😅😅

 - Cómo estades??? list@s??? Imos aló que isto vai ser intenso,así que auga a man e 3,2,1...🙌🙌



  - Continuamos agora con dúas coreografías de Just Cance na que vos ides divertir seguro🙆🙆

 A primeira cos Cazafantasmas😵😵!!


A segunda con Cyndi Lauper🙆🙆



...qué tal foi??? seguro que divertidas🙆🙆😎!!

 E imos co tempo de relaxación,hoxe cunha das sesións que tantas veces fixemos no ximnasio  do Veleiro e que transportounos a TRANQUILANDIA🙆😍!!


  - E gora toca o voso tempo.Os vídeos que me enviades coas vosas actividades tanto deportivas como cotidianas.Hoxe veremos a Noemí facendo actividades acompañada pola súa prima Viki,a Aitor demostrándonos as suas habilidades na bike,a Tania entrenando na súa casa de Dumpín,a Victor xogando a baloncesto co seu pai e saltando na cama elástica e a Zaida patinando e entrenando co seu papá.Moitas grazas a tod@s pola vosa participación,así como polas mostras de cariño que me transmitides nos correos que recibo.😍GRAZAS😍




   E ISTO É TODO POR HOXE,VÉMONOS NA SEGUINTE SESIÓN🙌🙌🙋

    QUÉ TEÑADES UN BÓ DÍA!!! 




                            ABURIÑOOOO!!!🙋

3 comentarios:

  1. Xenial todos os Veleiriños e Veleiriñas!

    ResponderEliminar
  2. 🏃‍♀️🏃‍♀️💪👏👏👏👏👏👏👏

    ResponderEliminar
  3. Olaaaaaa familia despois dun dias calados ..volvemos à carga.👻

    ResponderEliminar