jueves, 18 de junio de 2020

SESIÓN 44.NOVA NORMALIDADE.




                            BO DÍA NENOS E NENAS!!!
           CÓMO VOS VAI A VIDA?   


    Espero que tod@s ben e supercontent@s coa chegada das vacacións.Estamos chegando ao final desta etapa que nos tocou pasar e da que seguro,sacaremos moitas leccións das máis importantes:as que nos da a vida.

  Foron uns meses duros ao principio,de incertidume,pero pouco a pouco foi pasando o tempo e con el foron cambiando as sensacións.Tivemos altibaixos,bos e malos intres,pero agora toca afrontar o tempo con novas costumes,novos retos e renovadas ilusións.

  Espero que este recunchiño fose un lugar que vos aportase ánimo,diversión e sobre todo ilusión pola importancia do deporte e a actividade física.

  Para min foi unha tarefa nova da que non tiña coñocemento de como ía resultar,pero co paso do tempo tamén axudoume a seguir en contacto con vos e a compartir moi boas experiencias e moi bos momentos.

   Gustaríame darvos as grazas pola vosa colaboración,a vosa paciencia e o voso interés,así como polo cariño que me fixéchedes chegar.De todo corazón,GRAZAS😍 

...pero non vos entreteño máis e imos coa miña CANCIÓN VIEJUNA que xa me tarda estirar😉




  ...ben sei que xa a escoitamos,pero penso que é o intre indicado para volver a escoitar aos Bee Gees decíndonos que hay que seguir con moito ánimo,ilusión e alegría.

  - E agora imos cos vosos traballos,os videos e fotos que me enviachedes.Nesta ocasión temos a Hugo nunha moi boa e dura etapa na súa bike polos Lagos de Teixeiro ,a Zaida co seu reto dos dedos,a Silvia estirando xunto co seu irmán Xavi e a Samuel e Adrián nun competido partido de tenis.🙆🙌



   E agora chegou o tempo dun video que me gustaría moito compartir con vos,ainda que gustaríame máis telo feito na clase,dandos unha forte aperta que non me queda outra que facela virtual,unha grande aperta para cada un e unha de vos,para as vosas familias e para todos cantos pasachedes polo Veleiro no tempo no que eu estiven con vos.




   E ISTO É TODO,VÉMONOS 🙌🙌🙋

    QUÉ TEÑADES UN BÓ VERÁN!!! 




                            ABURIÑOOOO!!!🙋
                                                         
Unha vez máis...
                                                              😍GRAZAS😍
                               

lunes, 8 de junio de 2020

SESIÓN 43 FASE 3.





                            BO DÍA NENOS E NENAS!!!
           CÓMO VOS VAI A VIDA?   


   Despois de estar uns días sen aumentar as nosas sesións,hoxe estamos de volta 🙆🙆!!!

  Cómo xa vos comentei nas derradeiras sesións,estes días xa imos relaxando o número tanto de actividades como de seións,xa que temos moitas horas para facer deporte no exterior e recuperar todas aquelas horas nas que non tíñamos máis opcións que facer exercicio nas casas(aínda que moit@s de vos tívechedes a sorte de ter terreos fora e nese sentido foi menos duro que para outros que tíñamos o espazo moito máis reducido).Sen darvos moito máis o rollo,imos aló cunha nova sesión na que,como non podería ser doutro xeito,metémonos de cheo na nosa sección..."CANCIÓN VIEJUNA" para realizar os nosos estiramentos😎😎

...hoxe repetindo grupo con Tom Petty & The Heartbreakers e o seu tema "Learning To Fly",moi axeitado para estes días🙌🙌

   - E continuamos cunha sesión de movilidade que vainos levar sen moita pausa a ter o corpo listo para darlle vidiña😅😅

 - Cómo estades??? list@s??? Imos aló que isto vai ser intenso,así que auga a man e 3,2,1...🙌🙌



  - Continuamos agora con dúas coreografías de Just Cance na que vos ides divertir seguro🙆🙆

 A primeira cos Cazafantasmas😵😵!!


A segunda con Cyndi Lauper🙆🙆



...qué tal foi??? seguro que divertidas🙆🙆😎!!

 E imos co tempo de relaxación,hoxe cunha das sesións que tantas veces fixemos no ximnasio  do Veleiro e que transportounos a TRANQUILANDIA🙆😍!!


  - E gora toca o voso tempo.Os vídeos que me enviades coas vosas actividades tanto deportivas como cotidianas.Hoxe veremos a Noemí facendo actividades acompañada pola súa prima Viki,a Aitor demostrándonos as suas habilidades na bike,a Tania entrenando na súa casa de Dumpín,a Victor xogando a baloncesto co seu pai e saltando na cama elástica e a Zaida patinando e entrenando co seu papá.Moitas grazas a tod@s pola vosa participación,así como polas mostras de cariño que me transmitides nos correos que recibo.😍GRAZAS😍




   E ISTO É TODO POR HOXE,VÉMONOS NA SEGUINTE SESIÓN🙌🙌🙋

    QUÉ TEÑADES UN BÓ DÍA!!! 




                            ABURIÑOOOO!!!🙋

sábado, 30 de mayo de 2020

SESIÓN 42.




                           BO DÍA NENOS E NENAS!!!
           CÓMO VOS VAI A VIDA?   


   Hoxe seguimos con "Sesión especial" 😃🙆🙌🙋!!!
   Como vos comentei na anterior sesión,o importante estes días é que fagades moito deporte pero ao aire libre😎😎!!!

   Deixovos a banda sonora para os estiramentos coa "CANCIÓN VIEJUNA", e un pequeno vídeo coas últimas imáxenes e videos que me enviáchedes🙆🙌!!!





  Hoxe con "Love Shack" de los B-52😎😎-

  E ahí vos vai o saúdo dos compis en forma de imaxes.Moitas grazas a tód@s polos videos e fotografías que compartides.Espero que vos faga ilusión velos cos seus deportes favoritos.
  Hoxe temos a Anxo e Andrea disfrutando dun relaxante baño😅,a Hugo compartindo a súa afición ao Mtb con tod@s nos,a Zaida mostrando imaxes do seu clube de Atletismo e ,para rematar a Adrián e Samuel nunha carreira de patines.Grazas a tod@s🙆!!!





   E ISTO É TODO POR HOXE,VÉMONOS NA SEGUINTE SESIÓN🙌🙌🙋

    QUÉ TEÑADES UN BÓ DÍA!!! 




                            ABURIÑOOOO!!!🙋

jueves, 28 de mayo de 2020

SESIÓN 41.



                            BO DÍA NENOS E NENAS!!!
           CÓMO VOS VAI A VIDA?   


   Hoxe imos ter unha "Sesión especial" na que @s protagonistas sodes vosoutr@s😃🙆🙌🙋!!!
   Estes días xa vedes que non temos sesións tan a miúdo e isto é debido a que co bó tempo o importante é que disfrutedes moito facendo exercicio por fora.Facede o que vos guste máis:bañarvos,andade nas bicis,correde,xogade ao fútbol,ao tenis,ao escondite,camiñade...pero sobre todo desfrutade moito😎😎!!!
   Pero non vou seguir sen darvos un pouquiño a lata cò único exercicio que vos poño eu:OS ESTIRAMENTOS COA MIÑA "CANCIÓN VIEJUNA"😂😂😎




   Hoxe con "Bad To The Bone" de George Thorogood & The Destroyers.😎😎


  E agora imos coa vosa parte da sesión,a parte dos vosos videos e fotos🙌🙋🙌😄😄!!!

MARTIÑO E NAVIA FACENDO NATACIÓN SINCRONIZADA NA SÚA PISCINA😅😅!!


  SUSANA FACENDO A SÚA SESIÓN DE XIMNASIA RÍTMICA😃😃!!

    ALBA PRACTICANDO AEROBIC😅😅 !!



   XIANA E XOÉL PATINANDO POLAS RÚAS DE CASTRO🙌🙌!!


    ZAIDA FACENDO AERÓBIC E ESCOITANDO A QUEEN😎😎





   RUVI FACENDO SENDEIRISMO E NUNHA RUTA DE BIKE🙆🙆!!


   ANDREA E ANXO DANDO UN PASEIÑO😃😃!!


   E PARA REMATAR ROCÍO FACENDO XIMNASIA E FACENDO "TRABALLAR" AO SÉU PAPÁ😃😅


 

    E ISTO É TODO POR HOXE,VÉMONOS NA SEGUINTE SESIÓN🙌🙌🙋

    QUÉ TEÑADES UN BÓ DÍA!!! 



                            ABURIÑOOOO!!!🙋

martes, 26 de mayo de 2020

SESIÓN 40 CUARENTENA.





                            BO DÍA NENOS E NENAS!!!
           CÓMO VOS VAI A VIDA?   


   seguro que ben e encantados con este tempo tan bo que temos estes días .Aproveitade para facer todo o exercicio que podades fora e,seguro,máis de un de vos xa ten a piscina en marcha,así que estes días ides a estar xenial xa que a calor está asegurada🙌👧🙌👧🙌👧!!!


Pois imos cunha sesión moi animada para empezar o día,como sempre estirando coa miña "CANCIÓN VIEJUNA"e así,se pechades os ollos, seguro que recordades a sensación de estar no cole😎.








   hoxe cunha chula canción de Queen,"Bohemiam Rhapsody"

   E continuamos con unha actividade de movilidade articular para ir quentando motores...



   Imos entrando en calor😅??? hoxe vai ser fácil co día que temos😎 e para non facer moita pausa imos cunha coreografía de Just Dance que sei que ten moit@s seguidor@s.🙆





   coa música de Happy de Pharrell Williams😎


   E seguimos bailong@s agora cunha actividade aeróbica así que a preparar as botellas de auga que imos aló😅😅




   Seguro que por hoxe xa imos ben 😌😌,así que imos a rebaixar o ritmo cunha sesión de ioga que nos faga perder ese sofoco que seguro tedes enriba😌😌



   espero que practiquedes ben estas posturas que aprendestedes hoxe cos animáis que nos acompañaron😃😃

   E chegou o momento dos "Saúdos d@s compis" que xa estase convertindo nun dos apartados que me facedes chegar que máis vos gusta🙌🙌🙋🙋!!
   Hoxe acompáñannos coas súas actividades: Bruno e Aróa coas súas actividades na casa,Carla coa súa bici,facendo actividades de escalada e xogando ao balón;Electo construindo un avión e montando na súa bici,Jorge e Antón co seu pai nas bicis,Martiño e Celia cunha sesión de ioga e Uxía na súa ruta de senderismo na Fervenza de Escouridal entre Alfoz e O Valadouro.













   E para rematar teremos un enlace que nos comparten Xiana e Xoel para que aprendamos un pouquiño máis do Hockey e para que vos animedes con el.😎



   VÉMONOS NA SEGUINTE SESIÓN🙌🙌🙋


    QUÉ TEÑADES UN BÓ DÍA!!! 



                            ABURIÑOOOO!!!🙋

jueves, 21 de mayo de 2020

SESIÓN 39 CUARENTENA.



                            BO DÍA NENOS E NENAS!!!
           CÓMO VOS VAI A VIDA?   


   Como sempre imos a ir ao principio,os estiramentos e como é habitual coa nosa."CANCIÓN VIEJUNA".Estades list@s?? 

   IMOS ALÓ!!!🙋🙋🙋




 ...hoxe con Tom Petty e a súa banda"Os Rompecorazóns💃.


  -E seguimos con dándolle un pouco de intensidade con unha sesión de movilidad articular con Elena Malova...

 

                       

  Cómo ides??pois a continuar  cunha actividade  de AEROBIC, que xa vai completar a parte principal da sesión... 







... qué tal vos foi??xa sabedes que  o podedes adaptar e facer pequenos descansiños .

  - Agora imos rebaixar o ritmo cunha actividade de de hip-hop para ir aprendendo algún pasiño máis desta disciplina de baile...

 

 ...espero que vos gustase!!😃😃

   - Pois chegou o momento de ir baixando ritmo,así que imos cun pouquiño de ioga moi divertido con animáis para saudar ao sol que acompáñanos nestes días 🌅...

 

                            


   - Qué gustiño o solete 🌅!!!

   E chegou o momento dos saúdos por parte d@s vos@s compañeir@s.Hoxe temos a Aroa facendo ximnasia e estirando,a Marco entrenando un pouquiño de fútbol,a Silvia botándolle unha carreira ao seu irmán Xavi e por último a Simón dándome saúdos e mostrándonos como transcorre o seu día deportivo.Unha forte aperta a tod@s😄🙌


  - Pois para rematar a sesión de hoxe,imos cun  documental do que seguro imos aprender maís dun deporte moi veraniego,o SURF 😎😉 Nesta oportunidade veremos en acción a un dos mellores surfers españóis de todos os tempos,Axier Muniain.DISFRUTÁDEO!!!

 


 

     QUÉ TEÑADES UN BÓ DÍA!!! 

                            ABURIÑOOOO!!!

miércoles, 20 de mayo de 2020

SESIÓN 38 CUARENTENA.





                            BO DÍA NENOS E NENAS!!!
           CÓMO VOS VAI A VIDA?   


Estamos nuns días que prometen ter sol e boas temperaturas,así que o encargo para os vindeiros días vai ser moi sinxelo:



           DESFRUTADE MOITO!!!      

   Iremos poñendo algún exercicio,pero as sesións van ser un pouquiño máis curtas xa que con este tempo de verán o deporte seguro que o tedes asegurado.

   Hoxe vouvos deixar en primeiro lugar un video do Circo do Sol para que disfrutedes del cando vaiades tendo un pouco de gañas.

             

   Espero que o disfrutárades🙆🙆 !!!

   E hoxe para rematar imos con unhas imáxenes que me enviachedes para compartir nas que veremos a Claudia descubrindo as súas habilidades co golf,a Dani xogando co seu can,a Andrea e Anxo nas súas bicis e a Naiara compartindo unha sesión de relaxación con Simba.














    QUÉ TEÑADES UN BÓ DÍA!!! 



                            ABURIÑOOOO😎😎!!!🙋